Mostrando entradas con la etiqueta crepusculo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta crepusculo. Mostrar todas las entradas

18 jun 2010

Ashley Greene tivo unha leve depresión por Crepúsculo

0 comentarios


Ashley Greene, a actriz que protagoniza a Alice Cullen en Crepúsculo, asegura que padeceu unha leve depresión debido á popularidade que alcanzou a saga. Polo visto, a actriz non ve demasiado ben que os fans a vexan como un modelo a seguir e declara que a fama é algo novo para ela e que lle chegou demasiado deprisa. Antes de traballar como actriz, Ashley era camarera, polo tanto non estaba acostumada e non tivo tempo de asimilar a fama que acadou grazas á saga, aínda que por outra parte declara que foi algo incrible.


4 jun 2010

Estrenarase unha parodia de Crepúsculo!

0 comentarios


Estase preparando unha spoof movie, é dicir, unha película estilo Scary Movie que parodie e ridiculice ós personaxes interpretados por Robert Pattinson, Kristen Stewart e Taylor Lautner. A película basearase en escenas de Crepúsculo, Luna Nueva e Eclipse. O seu título será Fully Mooned e será dirixida por Craig Moss, un director que fixo un corto e outra parodia chamada: The 41-Year-Old Virgin Who Knocked Up Sarah Marshall and Felt Superbad About It.


E a vós que vos parece?

7 abr 2010

Día de estreno.

0 comentarios



Hoxe, o día 7 de abril, creamos o noso primeiro blog que tratará sobre Robert Pattinson, Saga Twilight e todo o relacionado coa saga e cos actores. Esperamos que vos guste!

 
Mundo Twilight creditosbtemplates creditos Templates by lecca 2008 .....Top