Mostrando entradas con la etiqueta amanecer. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta amanecer. Mostrar todas las entradas

18 jun 2010

Ashley Greene tivo unha leve depresión por Crepúsculo

0 comentarios


Ashley Greene, a actriz que protagoniza a Alice Cullen en Crepúsculo, asegura que padeceu unha leve depresión debido á popularidade que alcanzou a saga. Polo visto, a actriz non ve demasiado ben que os fans a vexan como un modelo a seguir e declara que a fama é algo novo para ela e que lle chegou demasiado deprisa. Antes de traballar como actriz, Ashley era camarera, polo tanto non estaba acostumada e non tivo tempo de asimilar a fama que acadou grazas á saga, aínda que por outra parte declara que foi algo incrible.


26 may 2010

Amanecer en dúas películas

0 comentarios


Entertaiment Weekly confirmou que Amanecer se dividirá en dúas películas! O artigo que publicou esta información en realidade era a presentación de informes sobre a firma oficial de Ashley Greene e Kellan Lutz e no proceso asegurou o feito de que serían dúas películas en vez de unha a de Amanecer.
Desde o noso blog celebramos a noticia, pois asi aforraran a presión de meter todo o libro nunha película de dúas horas, pois desa maneira reduciríanse moito os contidos. E iso será perfecto, pois así disfrutaremos máis tempo do noso guapísimo Robert, e tamén de Kristen e Taylor!!!
Agora o que máis esperamos é o estreno de Eclipse, que xa se estrenará en xuño, e así, poderemos volver a ver na pantalla ós nosos actores preferidos!

 
Mundo Twilight creditosbtemplates creditos Templates by lecca 2008 .....Top